Este ano 2021 o Día das Letras Galegas adícase a a escritora de Sarria Xela Arias.
Celebramos no día 17 de maio que temos unha lingua e literatura propia e o orgullosas que estamos dela.
En todas as aulas pescudaron información sobre a
figura de Xela Arias.
Unha vez recollida, deseñaron un pequeno texto en banda deseñada para compartir con toda a Comunidade Educativa un díptico conmemorativo desta autora.
Elaboraron retratos, carteis, marcadores e sobre todo
coñeceron máis a Xela Arias e a pegada que deixou para sempre na nosa lingua.
No corredor da entrada montamos unha pequena exposición na que expuñamos parte das obras de Xela Arias do noso catálogo e o mural que elaboraron entre o alumnado de infantil e o grupo de Voluntari@s.
A ANPA do colexio convoca un concurso de relatos para o
alumnado de primaria e de debuxos para o de infantil.
A data para recibir os relatos é o propio 17 de maio. Animádevos!!
Para os/as rapaces/as de
infantil : Modo debuxo, terá un tema libre e deberá facerse nunha cartolina
tamaño A-4.
Para os/as rapaces/as de
Primaria: Modo narrativo, as obras deben estar en lingua galega, a temática
será libre e as obras non poderán ocupar máis de 2 carillas.
PRAZO DE
PRESENTACIÓN:
Ata o luns 17 de Maio.
Mandade os debuxos ou os relatos o email da ANPA: anpavirxendocarme@gmail.com
Deixámosvos varios enlaces para saber máis de Xela Arias e que poidades xogar online a moitos dos xogos que fixestes na aula ao longo desta semana das letras:
http://primaveradasletras.gal/
https://view.genial.ly/607ffcdc0cd6d30d0ea74b3b/interactive-content-xela-arias-letras-galegas
Ningún comentario:
Publicar un comentario