O grupo do segundo ciclo de E. Primaria, dentro
do proxecto anual do centro “Unha morea
de contos”, está investigando e traballando os contos de aventuras.
Onte foi día de teatro en Pontevedra. As alumnas
e os alumnos de terceiro e cuarto curso de primaria foron ver a obra “Nautilus. 20.000 leguas de viaxe submarino”,
da Compañía La Negra no teatro
Afundación.
A proposta desta compañía, trataba esta
obra clásica de Jules Verne de aventuras, cun enfoque moi actual amosando un
compromiso co medio ambiente e mirando con preocupación a conservación dos
océanos.
Montaxe con imaxes de Afundación
https://drive.google.com/drive/folders/1rfVKjT8WpSL8x7tOvD5LAepWRB6j9zu2
Esta obra foi gañadora no ano 2020 do premio FETEN á
mellor proposta orixinal.
Como o tempo acompañou, puideron merendar na Alameda,
gozando do bo día e a compañía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario