Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día da Muller.

Neste colexio traballamos pola igualdade todos os días, mais nestas datas afondamos nela.

Acordamos elaborar un cartel colaborando todo o alumnado e o profesorado do centro.

O lema escollido para o cartel desta conmemoración foi 

 “ELAS CONTAN, CONTAMOS CON ELAS” 

O grupo de voluntari@s foi o encargado de montar as letras do lema para montar a base.

Unha vez montada a base, todas as clases foron pasando ao longo da xornada pola biblioteca pegando os seus nomes,

elas na parte superior e eles na parte de abaixo.

Ao rematar de pegar o nome de todas as persoas do centro o cartel quedou exposto na entrada do colexio.


 A nivel de aula desenvolveron diferentes actividades, 

Na sesión de Hora de Ler, outro grupo de voluntari@s contaron a historia de mulleres que destacaron en disciplinas tradicionalmente masculinas ao alumnado das tres aulas de Infantil.

Continuarán mañá e o venres xa na Biblioteca, compartindo a historia destas mulleres con todo o alumnado de Primaria.

O venres 10, teremos unha videoconferencia cunha antiga alumna do colexio:   Miriam González Conde .


Ela é Bióloga pola Universidade de Vigo onde fixo o Traballo de Fin de carreira  e conseguiu unha beca de colaboración no Departamento de Xenética Evolutiva.

Actualmente está facendo os estudos predoctorais na liña de biopsia líquida da Unidade Mixta ROCHE-CHUS.

    FELIZ  DÍA  DA  MULLER!    

Ningún comentario:

Publicar un comentario