Tiñamos concertada a visita no curso
2019-20 cando nos mandaron para casa. Ata este curso, e xa avanzado, non tiñamos seguro se ía ser posible polas medidas de seguridade.
Este curso retomamos a actividade “Os maiores contan” completa.
Viñeron ao colexio hoxe e imos ir este mércores ao
centro.
Viñeron tres mozas e un mozo, entre os
catro sumaban a frioleira de 363 anos.
A nosa mascota, PINCO estivo máis que
contento con esta visita tan especial do ben acompañado que estivo.
Entre as voluntarias da biblioteca, prepararon unha entrevista para saber que diferencias hai entre a nenez de hoxe
en día comparada coa que viviron no
principio do século pasado.
Foron falando e contando o que facían antes
intercambiando experiencias. Algúns eran netos ou netas de amigos seus.
Esta experiencia foi bastante emotiva. Saber
que todos eles xa traballaban desde os oito-dez anos deixounos moi impresionados.
Asistiu toda a clase de 6º curso de Primaria e xurdiron algunhas preguntas máis das preparadas con anterioridade.
Ou cando Silvina dixo que ían andando a Marín para vender a colleita.
Carmen dixo que nadaba como un peixe porque ía apañar marisco con oito anos e lle cubría a auga polo peito. Tamén traballaba na fábrica de conservas.
entre o Centro de Día Boas Apertas e o colexio de Ponte Sampaio polo positiva e emotiva que é a interación entre distintas xeracións.
Graciñas ao personal do centro por facer posible este encontro. O mércores iremos alí nós.
https://www.instagram.com/p/CrULHxos_ru/?igshid=NjVjMTFhZWRmNQ==
Ningún comentario:
Publicar un comentario