Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 19 de maio de 2023

CONTAMOS COS MÁIS PEQUENOS

OOOOLA!! 

PARA O REMATE DAS SAÍDAS DESTE CURSO PREVISTAS D@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA QUEDABA A MÁIS MIÚDA.

ESTE VENRES

CONTAMOS COS MÁIS PEQUENOS

 ACHEGÁMONOS ATA ARCADE A ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL A GALIÑA.

A MAIORÍA DAS VOLUNTARIAS FORAN ALUMNAS DA ESCOLA E AÍNDA ESTABAN ALGUNHAS DAS SÚAS PROFESORAS.

DAS LECTURAS QUE LEVABAN PREPARADAS CONTARON LOLA E MARTA UN CONTO CHEO DE LOBOS, XIANA MÁIS DANIELA ESTABAN DETRÁS,

 ACOMPAÑANDO O RELATO CUNS MONICREQUES QUE FIXERAN NA BIBLIOTECA PARA DRAMATIZAR A HISTORIA.

“IRE” FOI A HISTORIA QUE ESCOLLERON PARA CONTAR NOA, DANIELA E SARA.

 Á VEZ QUE FACÍAN O RELATO ACOMPAÑÁBANO CON XESTOS E INVITABAN A RAPAZADA A FACELO CON ELAS.

HISTORIAS DE RUSTY LUCÍA E DIEGO.

ESTA FOI A HISTORIA CON MÁIS PARTICIPACIÓN, PORQUE UNHA VEZ QUE UNHA VALIENTE FOI ONDE O CANCIÑO, 

TODA A RAPAZADA QUERÍA ACHEGARSE.

NON TARDARON CASE NADA EN COLLER CONFIANZA E ACHEGÁRONSE A ACARIÑAR A RUSTY.

E POR ÚLTIMO, MENCÍA CONTOU A HISTORIA DE MARGUERY,

“A VACA QUE PUXO UN OVO” DA ESCOLA DE VACAS.
 O PÚBLICO MIÚDO PARTICIPOU CON GRANDE ENTUSIASMO
 COMO AGASALLO @S VOLUNTARI@S CANTARONLLES

PROMETIMOS REPETIR A VISITA O PRÓXIMO CURSO.

NORABOA VOLUNTARI@S!

FIXÉSTELO MOI BEN.
APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario