Completamos a saída do venres paseando ata o centro "Boas apertas". en Talo Río para rematar as actividades da saída.
Xa estaban a esperar por nós.
Logo da presentación das voluntarias comezaron as lecturas compartidas.
O nerviosismo que tiñan antes da primeira visita case pasara, e xa tiñan preparadas as lecturas.
Non quixeron cambiar de orden e seguiron igual,
iso si, con máis soltura e un
chisco menos de nervios.
Moitos dos usuarios querían saber que era o que estaba agochado nas lapelas do conto.
![]() |
Chegou o momento das unllas de Filemón. Fíxolles rir pensar que non quería cortar as unllas... Cambiaron dun mostro a unha pantasma, pasando por Filemón, o que lles fixo moita gracia. |
Logo de despedirse ata a próxima vez, fixeron unha foto na entrada do centro e rumbo de volta ao colexio.
Esta experiencia é moi enriquecedora para as voluntarias e seguro que non a esquecerán.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro de día Boas apertas para poder levar a cabo esta entrañable actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario