Logo da visita que
nos fixeron no colexio os usuarios do centro Boas apertas,
Como tiñamos
programada a saída á biblioteca en Arcade algo máis dunha semana máis tarde,
entre ámbolos dous centros acordamos ir logo da visita á biblioteca e da
merenda dos cativos e dos maiores.
Non houbo problema
para sincronizarnos, xa que merendaron no parque de Talo Río e Boas apertas está diante do parque.
Ao principio a cativada estaba algo cortada, pero pronto pasou e xogaron entre eles e aprenderon os seus nomes.
Explicáronlles aos cativos que todos os días facían unhas rutinas de actividade física
para manter áxil o corpo e fixérono coma se dun xogo se tratara.
Fixéronse parellas ou tríos entre nenos e usuarios para xogar cos aros.
Esta actividade
poderíamos repetila novamente xa que todo en ela foi positivo, a avaliación da mesma
foron as propias caras de ledicia duns e outros.
Tanto os maiores como os pequenos, o persoal do centro e as mestras mailo gozaron do clima tan agarimoso que se acadou.
De volta ao colexio
xogaron un ratiño no parque da Xunqueira, xa ao lado do colexio.
Agradecemos a colaboración necesaria do persoal do centro Boas apertas para o desenvolvemento desta marabillosa actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario