Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 14 de maio de 2021

Xela Arias

Este ano 2021 o Día das Letras Galegas adícase a  a escritora de Sarria Xela Arias.

Celebramos no día 17 de maio que temos unha lingua e literatura propia e o orgullosas que estamos dela.

En todas as aulas pescudaron información sobre a figura de Xela Arias.

Unha vez recollida, deseñaron un pequeno texto en banda deseñada para compartir con toda a Comunidade Educativa un díptico conmemorativo desta autora.


Elaboraron retratos, carteis, marcadores e sobre todo coñeceron máis a Xela Arias e a pegada que deixou para sempre na nosa lingua.

 

No corredor da entrada montamos unha pequena exposición na que expuñamos parte das obras de Xela Arias do noso catálogo e o mural que elaboraron entre o alumnado de infantil e o grupo de Voluntari@s.


A ANPA do colexio convoca un concurso de relatos para o alumnado de primaria e de debuxos para o de infantil.

A data para recibir os relatos é o propio 17 de maio. Animádevos!! 

Para os/as rapaces/as de infantil : Modo debuxo, terá un tema libre e deberá facerse nunha cartolina tamaño A-4. 

Para os/as rapaces/as de Primaria: Modo narrativo, as obras deben estar en lingua galega, a temática será libre e as obras non poderán ocupar máis de 2 carillas.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:  

Ata o luns 17 de Maio. 

Mandade os debuxos ou os relatos o email da ANPA: anpavirxendocarme@gmail.com 

Deixámosvos varios enlaces para saber máis de Xela Arias e que poidades xogar online a moitos dos xogos que  fixestes na aula ao longo desta semana das letras:

http://primaveradasletras.gal/

https://view.genial.ly/607ffcdc0cd6d30d0ea74b3b/interactive-content-xela-arias-letras-galegas

https://view.genial.ly/608ad478d9041d0d94f9348d/interactive-content-xogo-de-preguntas-sobre-xela-arias

sábado, 1 de maio de 2021

Os Maios



OOOLA!!       

MIRADE QUE MAIO TAN VISTOSO E COLORIDO FIXEMOS ENTRE TODOS ONTE Á MAÑÁN!


A NOTA QUE FIXESTES ENTENDÉSTELA BEN, QUE TIÑAMOS PAMPULLOS, MARGARIDAS, CALAS, FIUNCHOS, OVOS, LARANXAS,...



VAMOS, O PRECISO PARA MONTAR UN GRAN MAIO.


 POR SORTE, O TEMPO ACOMPAÑOU E PUIDEMOS TRABALLAR AO SOLETE.















¡COMO ARRECENDÍA O XIMNASIO A FIUNCHO!


TRABALLO COOPERATIVO  EN GRUPIÑOS, OS MAIORES EN GRUPOS NO XIMNASIO CO FIUNCHO MAILAS CALAS PREPARANDO A BASE DO MAIO E A RAPAZADA MIÚDA FIANDO GRILANDAS DE PAMPULLOS E MARGARIDAS CO ARAME NO PATIO DE ENTRADA. 

GUSTOUME MOITO QUE TRABALLARADES EN EQUIPOS COLABORATIVOS.

CANTAMOS NO PATIO AS COPLAS DO MAIO QUE ARGALLARON EN SEXTO DE PRIMARIA.

ESTAMOS NO MES DE MAIO

CHAMADO O MES DAS FLORES

CANTAN ALTO OS PAXARIÑOS

VAN BUSCANDO OS SEUS AMORES

 

CON MAIO E A PRIMAVERA

 O BO TEMPO XA CHEGOU

 UNS NA EIRA TRABALLANDO

 EU AQUÍ CANTANDO ESTOU

 

CANTAN TODOS NESTA VILA

 XUNTOS OU NALGÚN RECUNCHO

 PRA PODER FACER O MAIO

 PRECISAMOS UNS FIUNCHOS

 

MAIO NON TE QUEDES PAMPO

 QUE O INVERNO REMATOU

NESTES MOMENTOS TAN MALOS

TRAENOS MOITA ILUSIÓN

 

É UN MOMENTO ESPECIAL

CHEIRA A FELICIDADE

PASARÉMOLO MOI BEN

 NON IMPORTA A TÚA IDADE

 

XA NON COMEREMOS CALDO

NIN COCIDO BEN QUENTIÑO

AÍ VEÑEN AS ENSALADAS

 NON LLE BOTES MOITO ALIÑO

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                     

DENTRO DESTE NOSO MAIO

CANTA UNHA MELODÍA

 CANDO AS FLORES SE LEVANTAN

HAI AMOR E PAZ NA VILA

A COPLA MÁIS REPETIDA… NON ESTABA ESCRITA, MAIS PRONTO TODO O MUNDO COMEZOU A  CANTALA.

Ó REMATE DA XORNADA TODOS OS GRUPOS QUIXERON UN RECORDO CO SEU MAIO.








MAÑÁN XESTAS FLORIDAS NOS COCHES!

mércores, 28 de abril de 2021

As fabas máxicas

 Está claro que non é o mesmo, pero as nenas e os nenos das tres aulas de infantil, estaban ansiosos porque sabían que hoxe había teatro.

Conectamos as mestras en streaming co A Fundación par ver na pantalla a representación da obra "As Fabas Máxicas" da compañía Caramuxo Teatro.



Pasárono bomba cos monicreques. 

Nas aulas houbo un traballo previo e posterior á representación e relacionado co proxecto do colexio “Apadriña unha Maceta”.

 

A vantaxe de non estar nunha sala foi que puideron bailar coa música da montaxe.

martes, 27 de abril de 2021

Polo Correo do Vento

      OOOLA!! 
 ESTOU ENCANTADO COA VISITA QUE NOS FIXERON HOXE ENRIQUE MAURICIO E CARLOS TABOADA, DE Polo Correo Do Vento.

SEMPRE SEGUINDO AS MEDIDAS DE SEGURIDADE MARCADAS POLO PROTOCOLO COVID-19, FORON PASANDO POLA SALA DE USOS MÚLTIPLES O ALUMNADO DAS CLASES DE E DE INFANTIL, , E DE PRIMARIA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS DOS CONTOS ILUSTRADOS.

    

LOGO DE PRESENTARSE O GRUPO, ENRIQUE FOI CONTANDO, COA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO, 


AS HISTORIAS DE 
Panchito, Cósimo, O ESQUÍO RAMPANTE, Maruja Mallo E Ángeles Alvariño


NAMENTRES ARGALLABAN AS HISTORIAS, CARLOS ÍA DEBUXANDO CADA PROTAGONISTA E ILUSTRANDO AS NARRACIÓNS.



 

AS CARAS VOSAS AO SAÍR DAS SESIÓNS DOS CONTACONTOS ERAN DE PURA LEDICIA.

Maruja Mallo
 

PASENIÑO IMOS AUMENTANDO A ASISTENCIA PRESENCIAL ÁS ACTIVIDADES.

Ángeles  Alvariño


GRACIÑAS A O SALÓN POR ESTE AGASALLO.


EN CANTO SEXA POSIBLE RETOMAREMOS AS VISITAS QUE TANTO GOZAMOS AO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA.



LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!